DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a imposición da sexta multa coercitiva en relación co expediente sancionador MON-LU-0006/2019-FOR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao ignorarse o lugar da notificación, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 29 de setembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0006/2019-FOR.

NIF da persoa interesada: 33307732Y.

Acto notificado: imposición da sexta multa coercitiva.