DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 56899

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 2 de outubro de 2023 pola que se convocan as bolsas de desprazamento Ourense rural para estudantado do campus de Ourense para o curso académico 2023/24.

BDNS (Identif.) 719814.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado/a en estudos de grao ou mestrado en centros propios do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2023/24.

Segundo. Obxecto

O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural para estudantado do Campus de Ourense para o curso 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de vinte e seis mil euros (26.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 3 de outubro ata o 25 de outubro de 2023.

Vigo, 2 de outubro de 2023

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022, DOG do 6 de xullo)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense