DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 56891

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social correspondentes ao exercicio de 2023.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 3 de outubro, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2023: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas na intranet e no taboleiro de anuncios da institución, e o prazo de presentación de solicitudes queda aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.

Os interesados deben presentar as súas solicitudes na sede electrónica do Consello de Contas de Galicia, escollendo, dentro do catálogo de trámites para empregados e cargos públicos da institución, o código correspondente ao ADM050509 Fondo de Acción Social-atención a discapacitados.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia