DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para completar a vía na contorna da rúa Valiña-San Salvador.

O Concello de Poio, mediante o Acordo núm. 5162 da sesión realizada o día 29 de agosto de 2023, acordou o seguinte:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM do concello de Poio para completar a vía na contorna da rúa Valiña-San Salvador, promovida polo Concello de Poio (expediente municipal X 272/2022 urbanismo 21/22), solicitada pola entidade Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.A.U.

Segundo. Someter esta modificación a información pública por un prazo mínimo dun mes.

Terceiro. Acordar como procedemento que se seguirá o procedemento de aprobación das modificacións puntuais non substanciais do planeamento, previsto no artigo 18 da Lei 1/2019...».

Polo que, de acordo co estipulado no artigo 18.1.a) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e rexeneración urbana de Galicia, se somete o expediente a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia. Tamén se publicará este anuncio no xornal de maior circulación da provincia e no taboleiro de edictos do Concello de Poio.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Urbanismo os días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, sito na Casa do Concello, con cita previa concertada.

Poio, 13 de setembro de 2023

Ángel Moldes Martínez
Alcalde