DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57077

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de técnico superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 25 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de maio de 2023, convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de técnico superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna, e mediante Resolución reitoral do 2 de xuño de 2023 (DOG do 14 de xuño) noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Na base 5.5 da Resolución do 25 de abril disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María José Cabanas Rodríguez, nomeada como vogal titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a Emilio José Rodríguez Grille, persoal laboral fixo do grupo I da USC, como vogal titular en substitución de María José Cabanas Rodríguez.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela