DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello da Coruña (expediente IN407A 2022/400-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC e RBTS lugar Porto de San Pedro, nº 3, no concello da Coruña (expediente IN407A 2022/400-1), por Resolución desta xefatura territorial, do 21 de xullo de 2023, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 9 de novembro de 2023 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello da Coruña, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 10 de abril de 2023, no BOP do 22 de marzo e no xornal La Voz de Galicia do 14 de abril, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual e sinalaránselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 25 de agosto de 2023

Isidoro Martinez Arca
Xefe territorial da Coruña