DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución de seu expediente acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2023/-5509-4 e sete máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 29 de setembro de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2023/5509-4

Y6341405C

Denegatoria

PR204A 2023/5831-4

36126773Y

Denegatoria

PR204A 2023/5864-4

49234665Z

Denegatoria

PR204A 2023/6209-4

39512923G

Denegatoria

PR204A 2023/6217-4

35477379V

Denegatoria

PR204A 2023/6217-4

35462854M

Denegatoria

PR204A 2023/6304-4

33204989G

Denegatoria

PR204A 2023/6480-4

35552606B

Denegatoria