DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56501

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión para o exercicio 2023 á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de labores de acondicionamento do chamado «Campo de Ocio».

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: 14 meses desde a formalización do encargo.

Importe: 567.275,83 €.

Tarifas aplicables: maioritariamente réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia