DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello de Muíños (expediente IN407A 2022/208-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV As Conchas-Salas, D.A.R. Ap. 3, no concello de Muíños, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no anexo.

Ourense, 29 de setembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/208-3.

Instalación: LAT 132 kV As Conchas-Salas, D.A.R. Ap. 3.

Concello: Muíños.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

1

A Mariposa

32052A03500699

Descoñecido/a

29.9.2023