DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56384

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 2 de outubro de 2023 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas (CAD) FDYE-Galicia, de Vigo.

A representación legal da titularidade do centro de ensinanzas deportivas (CAD) FDYE-Galicia, de Vigo, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Fútbol, reguladas polo Decreto 353/2003, do 11 de setembro, e polo Decreto 372/2003, do 16 de setembro.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida pola Orde desta consellería do 12 de abril de 2004 e de 23 de abril de 2004, en que se determina o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a apertura e funcionamento do centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).

Denominación específica: FDYE-Galicia.

Código do centro: 36025220.

Titular: Formación Deporte y Empleo Escuela Deportiva, S.L.

Domicilio: Avda das Camelias, 53.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36211.

Concello: Vigo.

Provincia: Vigo.

Ensinanzas que se autorizan:

Grao medio: Técnico Deportivo en Fútbol.

Grao superior: Técnico Deportivo Superior en Fútbol.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades