DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56375

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 2 de outubro de 2023 pola que se dispón o cesamento dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

O cesamento de María José Neira Alfonsi como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar