DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56379

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 29 de setembro de 2023 pola que se dispón a renovación dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

A renovación de Paloma Rueda Crespo como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar