De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante Resolución do 5 de maio de 2023 (BOE do 15 de maio), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria, esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e polas demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
2T/23 |
Antón |
Barreiro Iglesias |
***3179** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Bioloxía celular |
Bioloxía Funcional |
Santiago de Compostela |
C01960 |
3T/23 |
Ramón Alberto |
Díaz Varela |
***3336** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Botánica |
Botánica |
Lugo |
C01961 |
15T/23 |
Marcio |
Diniz Freitas |
***3730** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Estomatoloxía |
Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas |
Santiago de Compostela |
C01973 |
23T/23 |
Rubén |
Lado Sestayo |
***4903** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Economía financeira e contabilidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Santiago de Compostela |
C01981 |
24T/23 |
Marta |
Portela Maseda |
***7470** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Economía financeira e contabilidade |
Economía Financeira e Contabilidade |
Lugo |
C01982 |
30T/23 |
José Manuel |
Brea Floriani |
***8180** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Farmacoloxía |
Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica |
Santiago de Compostela |
C01988 |
31T/23 |
Xabier |
Cid Vidal |
***4003** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Física atómica, molecular e nuclear |
Física de Partículas |
Santiago de Compostela |
C01989 |
32T/23 |
Manuel |
Caamaño Fresco |
***6754*** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Física atómica, molecular e nuclear |
Física de Partículas |
Santiago de Compostela |
C01990 |
36T/23 |
Alejandra |
Ulla Lorenzo |
***5974** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Literatura española |
Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral |
Santiago de Compostela |
C01994 |
41T/23 |
Vanessa |
Blanco Seoane |
***9400** |
Profesoras e profesores titulares de universidade |
Psicoloxía evolutiva e da educación |
Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Santiago de Compostela |
C01999 |