DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Inleit Ingredientes, S.L.U. para a planta de procesamento de leite no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, Curtis (expediente 2023-IPPC-M-1).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisión industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado Modificación sustancial das instalaciones de Inleit Ingredients, S.L.U. para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos/das administrados/as nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2023-IPPC-M-1.

Número da autorización ambiental integrada: 2019-IPPC-I-140.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.c do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Inleit Ingredients, S.L.U.

NIF: B87477139.

Localización da instalación: polígono industrial de Curtis-Teixeiro, rúa E, s/n.

Referencia catastral da parcela: 0485414NH8708N0000BT.

Actividade principal: procesamento de leite en produtos de alto valor engadido.

A planta de procesamento de leite de Inleit Ingredients, S.L.U. está localizada no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, no concello de Curtis (A Coruña).

A planta principal ocupa unha superficie de 87.625 m2, dos cales están construídos 39.891 m2. Ten outra parcela ocupada pola EDARI cunha superficie de 10.534 m2, dos cales están construídos 751 m2.

O proceso produtivo principal é o procesamento do leite en distintas fraccións. Recóllese como proceso auxiliar o tratamento de augas residuais e outros procesos de limpeza e mantemento.

As augas residuais xeradas no proceso produtivo son trasladadas a un depósito tampón, desde onde son levadas á estación depuradora de augas residuais industriais, coas seguintes liñas de tratamento: pretratamento, tratamento primario, tratamiento secundario e un terciario con filtros de area e desinfección mediante raios UV-C. Tras os sistema de tratamento as augas son vertidas ao río Mandeo mediante condución de PVC.