DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2023/307-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803.

Situación: Ribadumia.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 109 metros de lonxitude, coa orixe no apoio 9U6WQMPT/13 da LMTA CBD803 e final no apoio 9U5RTM4C//13-1, o cal se substitúe por un apoio C-4500/14.

Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-4500/14 (96 metros de condutor LA-110 e 35 metros de LA-56).

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 363 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente 9U8LMAMI//14, mediante un paso aéreo subterráneo, e final nos empalmes proxectados no punto de acceso á rede existente no tramo LMTS CBD803-Ribadumia, 3.

A instalación está situada no lugar de Mamuela, parroquia de Santa Baia de Ribadumia, no concello de Ribadumia (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/307-4.

Denominación: substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803.

Concello: Ribadumia.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

1

Pasais-Requeixo

Rústico

36046D507010960000PK

Descoñecido/a

20,00

94,00

2

Pasais-Requeixo

Rústico

36046D507110970000PH

Descoñecido/a

2,00

36,00

385,00