DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2011-IPPC-I-46_262 outorgada a Aldeovo, S.L. para a explotación avícola de galiñas poñedoras situada no concello de Lalín (Pontevedra) (expediente 2023-IPPC-M-092).

Para os efectos previstos no artigo 29.1 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), faise público que por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia queda exposto o estudo de impacto ambiental e a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada da explotación avícola e galiñas poñedoras presentada por Aldeovo, S.L., para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Categoría principal da actividade: 9.3.a (instalacións gandeiras adicadas á cría e engorda, en explotacións intensivas, de todo tipo de aves, tanto para a produción de carne como para a produción de ovos ou para a reprodución).

Titular: Aldeovo, S.L.

NIF: B94155041.

Domicilio social: rúa D, núm. 9, 3º A, 36500 Lalín (Pontevedra).

Enderezo da instalación: Albarellos, 36516 Lalín (Pontevedra).

Actividade principal: explotación avícola de galiñas poñedoras.

Descrición da modificación: incremento da capacidade da explotación pasando de 181.708 prazas de galiñas poñedoras a un total de 363.416 aves, mediante a construción de 2 naves de 2 plantas. Tamén se proxecta a construción dunha segunda esterqueira.

Verteduras: as aguas residuais procedentes da limpeza das novas naves son recollidas por unha cisterna e levadas á esterqueira para ser xestionadas conxuntamente co esterco. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Control esterco: o esterco xerado será recollido por un xestor autorizado.