De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
Pontevedra, 22 de setembro de 2023
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
PO-2021/00545 |
11459552 |
PO-2023/00070 |
AAD082861 |