DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 13 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente BS650A 36/00486-I/21.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e intentada a notificación da resolución ditada no procedemento no último domicilio coñecido da persoa que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non o facer así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 13 de setembro de 2023

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

BS650A 36/00486-I/21

X2781389E

Desestimación 3.7.2023