En sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023
Javier Domínguez González
Presidente do tribunal