DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0435/2023-PRE e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0435/2023-PRE e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 26 de setembro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0435/2023-PRE

39510205T

Inicio

Avenida de Vigo, 90, Redondela

PSC-PO-0459/2023-PPM

53188310M

Inicio

Camiño Soutelán, 11, 1º, Vigo

PSC-PO-0460/2023-PPM

53176239D

Inicio

Travesía Numancia, 3, baixo, Vigo

PSC-PO-0476/2023-PRE

35581266J

Inicio

Subida Madroa, 51, 15 F, Vigo

PSC-PO-0523/2023-PRE

77015190N

Inicio

San Sebastián, 93, 3º esq., O Porriño

PSC-PO-0553/2023-PRE

39486707P

Inicio

Ramiráns, 13, 2º D, O Porriño

PSC-PO-0576/2023-PPM

53796720L

Inicio

Constitución, 73, 2º D, Boiro

PSC-PO-0619/2023-PPM

Y3365480L

Inicio

Camiño Pousadoura, 22, baixo, Redondela