Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo do 2 de outubro de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 523 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 956,47 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril, e DOG núm. 85, do 6 de maio (corrección de erros).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: María Luisa Prego Padín (***4183**).
Novo titular: Carlos Gabriel Jueguen Millán (***6741**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 2 de outubro de 2023
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo