DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55915

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza vacante da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios).

Mediante Resolución do 4 de outubro de 2022 (DOG do 18 de outubro e BOE do 17 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG do 15 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Todas as persoas aspirantes están exentas da proba de galego, polo que se convocan para o segundo exercicio da fase de oposición o próximo día 10 de novembro de 2023, ás 10.00 horas, na aula 7 da Facultade de Bioloxía (rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizou a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela