Expediente: N407A 2023/217-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: renovación da LMTS PED707 entre PAS no apoio ANPVC9AW// 20-1 e PAS no apoio ANRQWUKG//20.
Concello: Bergondo.
Feitos:
1. O 26 de abril de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a calidade da subministración, así como de incrementar a capacidade de transporte da liña existente.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado Renovación da LMTS PED707 entre PAS no apoio ANPVC9AW// 20-1 e PAS no apoio ANRQWUKG//20, asinado o día 30 de marzo de 2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número de colexiado LE-1010.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ao Concello de Bergondo e ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, como entidades afectadas, na parte en que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos.
4. O 6 de setembro de 2023 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
f) Lei 9/2021, do 25 de febreiro de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Características técnicas:
As instalacións atópanse no concello de Bergondo, entre as coordenadas UTM ETRS89 -fuso: 29 X: 561942, Y: 4797446, e as coordenadas UTM ETRS89 -fuso: 29 X: 562028, Y: 4797288, e as súas características técnicas son as seguintes: liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 415 m, coa orixe no apoio nº ANPVC9AW//20-1, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² AL, e final en empalme en apoio nº ANRQWUKG//20. Esta liña substitúe un tramo existente da PED707.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 11 de setembro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña