DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de setembro de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3600727 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de setembro de 2023

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 14.4.2023)
Ana Medal Fiel
Xefa de Sección de Persoal, Habilitación, Réxime interior e Rexistros

ANEXO

Expediente: VI482F3600727.

DNI: Y1457020F.

Acto obxecto de notificación: resolución desistencia tácita.

Expediente: VI482F3600319.

DNI: 71417618L.

Acto obxecto de notificación: resolución concesión prórroga.

Expediente: VI482F3600542.

DNI: 36064916L.

Acto obxecto de notificación: incoación perda do dereito.

Expediente: VI482F3600703.

DNI: 34274957N.

Acto obxecto de notificación: incoación perda do dereito.