Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: reforma e automatización do CT 7032 Folgueiro.
Situación: concello de O Vicedo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cobas, chegada desde CS 2467 Folgueiro, con orixe nun paso aéreo que se vai realizar no apoio existente A90934 da LAT Cobas e final no CT 7032 Folgueiro (proxectado), cunha lonxitude de 58 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cobas, saída a CT 14513 Pena, con orixe nun paso aéreo para realizar no apoio existente A90934 da LAT Cobas e final no CT 7032 Folgueiro (proxectado), cunha lonxitude de 58 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• CT 7032 Folgueiro prefabricado, cunha potencia proxectada de 1.000 kVAS e unha potencia inicial de 160 kVAS (transformador procedente da caseta que se vai desmantelar) no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.
• Desmonte de 18 metros de condutor RHZ1-240 mm e do CTC 118 Folqueiro.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 76.219,24 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello do Vicedo.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 22 de setembro de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo