Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento parcial do MVMC (monte veciñal en man común) Serra do Burgo con propiedades particulares, presentada o 30 de setembro de 2022 pola CMMVVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) da parroquia de Drados.
Nesa mesma data, a comunidade presentou documentación na cal consta o acordo da asemblea xeral do 11 de maio de 2022 da súa aprobación.
O día 30 de marzo de 2023, o Servizo de Montes de Ourense emitiu un informe favorable ao considerar que non existe unha afección significativa sobre a integridade territorial do monte.
Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros.
Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Ourense, na rúa Villaamil e Castro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.
Ourense, 19 de setembro de 2023
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense