DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva de instrumento de planeamento urbanístico (expediente 2017/X999/001277).

O Pleno Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de xullo de 2023, acordou resolver as alegacións presentadas e aprobar definitivamente o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo-PE2 Razo-Arnados, previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Carballo, co reaxuste da súa delimitación, segundo a documentación técnica elaborada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (nº de colexiada 3194 COAG); Miguel Ángel Abad Blanco (nº de colexiado 1877 COAG), Antonio Deus Álvarez (nº de colexiado 1875 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (nº de colexiado 3877 COAG), presentada o 12 de abril de 2023 (número de rexistro de entrada 202399900001761).

Faise público este acordo, segundo o disposto no artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), e de conformidade co disposto nos artigos 82 da mesma lei e 199 do seu regulamento, xunto co documento dilixenciado (no cal se inclúen as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente), que está á disposición dos interesados na páxina web deste concello na seguinte ligazón (punto 4 Plans especiais):

https://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Este acordo publícase tamén no taboleiro electrónico municipal, no seguinte enderezo:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

Carballo, 4 de setembro de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde