DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 26 de setembro 2023, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de ampliación do prazo para acadar a aprobación provisional do documento de revisión do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 25 de setembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Amplíase en tres meses o prazo máximo para acordar a aprobación provisional do documento de revisión do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Vigo.

Segundo. Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e na páxina web municipal.

Terceiro. Comunicar o presente acordo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia e ao Rexistro de Planeamento de Galicia, para os efectos que procedan».

Vigo, 26 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda