DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55469

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro) faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Aportación económica da Sociedade

Convenio de colaboración relativo a actividades de interese xeral entre Sogama e o Concello de Vilanova de Arousa.

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello de Vilanova de Arousa e Sogama para a execución e financiamento das obras de execución do proxecto denominado recollida de augas pluviais en Caleiro-A Cerca, segundo proxecto técnico elaborado pola arquitecta Marta Núñez de Miguel, obra que constitúe un servizo público á poboación do concello no que se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade de Sogama, e que terá incidencia directa na mellora do ambiente e os servizos públicos.

5.5.2023

48.381,20 €

Cerceda, 8 de setembro de 2023

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.