DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/101-1).

Expediente: IN407A 2023/101-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: renovación da LMTS SCY804 circunvalación Vidán, 4, entre o CT 15CCVX e o CT 15CL96, e entre o 15CL96 e o 15CEN3.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 3 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dar resposta ás subas de demanda, incrementar a capacidade das liñas e mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona da avenida de Vigo, avenida de Novoa Santos, estrada de San Lourenzo e avenida das Burgas, no concello de Santiago de Compostela. Proxéctase deixar fóra de servizo dous treitos soterrados da liña de distribución LMT SCY804 circunvalación Vidán, 4, procedente da subestación San Caetano, e instalar dúas novas liñas soterradas de media tensión en novas canalizacións paralelas ás existentes.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: renovación da LMTS SCY804 circunvalación Vidán, 4, entre o CT 15CCVX e o CT 15CL96, e entre o 15CL96 e o 15CEN3, asinado o 31 de xaneiro de 2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número colexial LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña; a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela. A día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados á solicitude dos condicionados solicitados.

4. O 1 de setembro de 2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

a) Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse na avenida de Vigo, avenida de Novoa Santos, estrada de San Lourenzo e avenida das Burgas, no concello de Santiago de Compostela.

– LMTS (actuación 1) a 20 kV de 358 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe nos empalmes proxectados na LMT SCY804 circunvalación Vidán, 4, procedente da subestación San Caetano, no cruzamento da avenida de Vigo coa avenida de Novoa Santos e remate no CT San Lorenzo (15CL96) existente.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV de 326 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no CT San Lorenzo (15CL96) e remate no CS Instituto Xelmírez I (15CEN3).

– A liña proxectada en simple circuíto discorrerá canalizada no interior de tubaxe de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de largo e de 0,80 metros de profundidade nos treitos que discorran por beirarrúa e de 0,40 metros de largo e de 1,00 metros de profundidade nos treitos que discorran por calzada, instalando dous tubaxes de idénticas características cunha lonxitude total de canalización proxectada de 660 m. A liña proxectada en dobre circuíto discorrerá canalizada no interior de tubaxe de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de largo e de 1,00 metros de profundidade nos treitos que discorran por beirarrúa, instalando catro tubaxes de idénticas características cunha lonxitude total de canalización proxectada de 43 m.

– Posta fóra de servizo dos treitos soterrados: SCY8040391 e SCY8040390 con condutor tipo UNI-Al-150-RHV.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 7 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña