DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 15 de setembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 26 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 154, do 14 de agosto).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 26 de xullo de 2023 (DOG núm. 154, do 14 de agosto), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde do 26 de xullo de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: Cortiñas Álvarez, María José.

NRP: ****189868 A208A.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.

Denominación do posto: director/a de residencia de maiores.

Código: PS.C99.40.801.27001.001.

Nivel: 22.

Dependencia: Residencia de Maiores A Milagrosa (Lugo).

Localidade: Lugo.