DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de setembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo dos expedientes que se relacionan a seguir.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado Provincial, na reunión que tivo lugar examinou os seguintes expedientes adoptando os acordos que se sinalan:

1. Monte Sandrenzo, pertencente aos veciños de Sandrenzo de Arriba e de Abaixo, parroquia de Cespón, concello de Boiro.

O 29.6.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 19.5.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do MVMC de Sandrenzo pasa a ser de 51,4 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo corresponde co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

2. Monte Recebés ou Costa do Sal, pertencente aos veciños da parroquia de Santa Mª de Ois, concello de Coirós.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O día 19.5.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Recebés ou Costa do Sal pasa a ser de 125,8 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

3. Monte Marina Calzada e Agre, pertencente aos veciños de Feás, concello de Aranga.

O 19.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 21.6.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Marina Calzada e Agre pasaría a ser de 97,62 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, na súa reunión do 23.6.2023, por unanimidade, acorda aceptala excluíndo dúas parcelas que non constaban clasificadas, polo cal a superficie resultante do monte é de 97,41 hectáreas.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

4. Monte Arou, pertencente aos veciños de Arou, da parroquia de Camelle, concello de Camariñas.

O 19.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O día 19.5.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Arou pasa a ser de 243,19 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

5. Monte Vilardante e Vilafabeiro, pertencentes aos veciños da parroquia de Vilardante, concello de Noia.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O día 19.5.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Vilardante e Vilafabeiro pasa a ser de 169,21 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

6. Monte Abeixón e Carantoña, pertencente aos veciños da parroquia de Tállara, concello de Lousame.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O día 22.5.2023, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Abeixón e Carantoña pasaría a ser de 160,07 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptar a proposta de esbozo mantendo o enclave coñecido como Agro do Calderón existente no deslindamento orixinal do monte, polo cal a superficie resultante e definitiva do monte é de 159,16 hectáreas.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

7. Monte Pena Leiro, Toxa, A Trema e Cotro-Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouzo, Regueiro, Malladoira e Penouseira, pertencente aos veciños da parroquia de Leiro, concello de Rianxo.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O día 21.6.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Pena pasa a ser de 199,62 hectáreas. No novo esbozo do monte Leiro, Toxa, A Trema e Cotro a superficie pasa a ser de 82,96 hectáreas e a superficie do monte Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouzo, Regueiro, Malladoira e Penouseira pasa a ser de 9,24 hectáreas. Co cal a superficie total do monte da CMVMC de Leiro ocupa unha superficie de 291,82 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

8. Monte Río do Sol, pertencente aos veciños da parroquia de Erbecedo, no concello de Coristanco.

O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 9.5.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Río do Sol pasa a ser de 880,09 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

9. Monte Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado, pertencentes aos veciños do lugar do Campanario, na parroquia de Baroña, concello de Porto do Son.

O 22.8.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 9.5.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado pasa a ser 796,08 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

10. Monte Capela, pertencente aos veciños da parroquia da Capela, no concello de Toques.

O 25.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 25.5.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Capela pasa a ser de 358,46 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

11. Monte Brañas, pertencente aos veciños da parroquia de Brañas, concello de Toques.

O 3.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O día 19.5.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Brañas pasaría a ser de 582,83 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptar a proposta de esbozo mantendo os encravados recoñecidos na clasificación e excluíndo as parcelas da parte norte que non teñen conexión co perímetro declarado do monte, polo cal a superficie resultante e definitiva no novo esbozo é de 550,82 hectáreas.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.

12. Monte Colón, pertencente aos veciños da parroquia de Lesende, no concello de Lousame.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 9.5.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Colón pasa a ser de 190,86 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía presentada.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XII, ao final deste anuncio.

13. Monte Araño, pertencente aos veciños da parroquia de Araño, no concello de Rianxo.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 9.5.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Capela pasa a ser de 684,98 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIII, ao final deste anuncio.

14. Monte Castelo Grande e Pedregal e Bolantón, pertencente aos veciños da parroquia de Esteiro, no concello de Muros.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 9.5.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo na cal a superficie do monte Capela pasaría a ser de 556,71 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía presentada.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala sen excluír as parcelas ao sur do monte Castelo Grande que figuraban na clasificación inicial, polo cal a superficie definitiva despois da revisión de esbozo é de 556,41 hectáreas.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIV, ao final deste anuncio.

15. Monte de Abaixo e de Arriba, pertencente aos veciños da parroquia de Vilacova, no concello de Lousame.

O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 26.4.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de esbozo na cal a superficie do monte de Abaixo e de Arriba pasa a ser de 126,72 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía presentada.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XV, ao final deste anuncio.

16. Monte Lapido, pertencente aos veciños da parroquia de Carcacía, no concello de Padrón.

O 29.12.2022 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 19.6.2023, o Servizo de Montes informa a proposta de esbozo na cal a superficie do monte Lapido pasa a ser de 250,27 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XVI, ao final deste anuncio.

17. Monte Pilrón, pertencente aos veciños da parroquia de Souto, concello de Rois.

O 11.7.2018 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo consonte a documentación que achega.

O 19.6.2023 o Servizo de Montes informa a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte de Pilrón pasa a ser de 18,66 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XVII, ao final deste anuncio.

A Coruña, 12 de setembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file