DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55127

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

BDNS (Identif.): 718400.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia considerado subvencionable ao abeiro destas bases.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é a concesión de axudas ou de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida 05.A1.741A.7700: 600.000 € con cargo ao ano 2023, 2.000.000 € con cargo ao ano 2024, 4.000.000 € con cargo ao ano 2025 e 1.800.000 € con cargo ao ano 2026.

Partida 05.A1.741A.8310: 750.000 € con cargo ao ano 2023, 2.500.000 € con cargo ao ano 2024, 2.500.000 € con cargo ao ano 2025 e 250.000 € con cargo ao ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da axuda e, de ser o caso, préstamo comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2023, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica