DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se desenvolve o título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

A Consellería de Política Social e Xuventude está a tramitar o proxecto de decreto polo que se desenvolve o título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía nesta trámitación administrativa,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de decreto polo que se desenvolve o título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

Segundo. O texto do proxecto de decreto poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions,

Terceiro. As persoas interesadas e a cidadanía en xeral poderán presentar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto na ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions, ou coa súa presentación a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas non obrigadas ao emprego dos medios electrónicos poderán presentar as súas proposicións, as suxestións ou as recomendacións a través de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Edificio Administrativo San Caetano-8A, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2023

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude