DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto, polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública dos montes e o fondo de melloras.

A Consellería do Medio Rural está a tramitar o proxecto de decreto, polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública dos montes e o fondo de melloras.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de decreto, polo que se aproba o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública dos montes e o fondo de melloras.

Segundo. O texto do proxecto de decreto poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia: Normativa en tramitación-En prazo de envío de suxestións-Portal Transparencia (xunta.gal) https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a este proxecto de decreto na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions, ou coa presentación a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións a través de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural