DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54908

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 19 de setembro de 2023 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data, pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado pola quenda de reserva para persoas con discapacidade.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que, por Resolución do 19 de setembro de 2023, se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador pola quenda de reserva para persoas con discapacidade na seguinte categoría:

Profesor axudante doutor: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de setembro de 2023

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución reitoral do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Cicerreitor de Profesorado e Planificación Docente