Mediante senllas resolucións do 21 de setembro de 2023, da presidenta dos tribunais, publícase a baremación definitiva dos tribunais cualificadores do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías grupo I tesoureiro/a e grupo III administrativo/a da Fundación Pública Exposicións e Congresos A Estrada.
Ambas as resolucións publicaranse no portal web corporativo da Fundación Pública Exposicións e Congresos A Estrada www.feiradomoble.gal
A Estrada, 22 de setembro de 2023
José López Campos
Presidente do Comité Executivo