DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, de ocupación para a execución do proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2020/18-ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a ocupación relativa ao proxecto LAT 132 kV D.C. subestación Magazos-subestación Boimente. Treito S.C. entre a subestación Magazos e o apoio nº 28, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 18 de setembro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

LAT 132 kV D.C. subestación Magazos-subestación Boimente. Treito S.C. entre a subestación Magazos e o apoio nº 28.

Predio

Titular proposto

Concello

Polígono

Parcela

89

Herdeiros de Antonia Balsa Romeo

Viveiro

37

1278