DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54757

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 15 de setembro de 2023 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

O artigo 10 dos estatutos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, establece o Consello Reitor como o órgano superior colexiado de goberno do instituto.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 11 dos citados estatutos e indícase que está integrado pola Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría e os seguintes vogais:

a) En representación dos axentes sociais: un/unha vogal en representación de cada un dos sindicatos que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e o mesmo número de vogais designados por proposta das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma.

b) En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:

1. A persoa titular da Xerencia do Instituto.

2. Un/unha vogal por cada unha das consellerías con competencias en materia de sanidade, minas e facenda, designado pola persoa titular da consellería respectiva de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

3. No caso de ser necesario, os/as restantes vogais serán designados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

Os nomeamentos e cesamentos dos/das vogais do Consello Reitor serán efectuados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo. No caso das vogalías correspondentes ás organizacións sindicais e empresariais, serán propostos por estas.

A Orde do 12 de decembro de 2019 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2020) pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, modificouse pola Orde do 16 de outubro de 2020 (DOG núm. 221, do 2 de novembro), pola Orde do 13 de outubro de 2021 (DOG núm. 204, do 22 de outubro) e pola Orde do 22 de febreiro de 2023 (DOG núm. 44, do 3 de marzo).

Procede agora unha nova modificación por mor dos cambios que tiveron lugar consecuencia de novas designacións para determinados postos que actúan no Consello Reitor do Issga, en representación da Consellería de Sanidade e da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Ao mesmo tempo, a Confederación de Empresarios de Galicia propón o cambio dun vogal titular e un vogal suplente.

En virtude do anterior, cómpre facer os seus nomeamentos que, para xeral coñecemento, se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e os artigos 10 e 11 dos estatutos do Issga, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear vogais titulares e suplentes do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ás seguintes persoas, sen prexuízo da permanencia dos restantes membros nomeados pola Orde do 12 de decembro de 2019, modificada pola Orde do 16 de outubro de 2020, pola Orde do 13 de outubro de 2021 e pola Orde do 22 de febreiro de 2023:

a) En representación dos axentes sociais:

– Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Como vogal titular: Enrique Mallón Otero, en substitución de José Antonio Neira Cortés.

Como vogal suplente: José Antonio Neira Cortés, en substitución de Javier Martínez López.

b) En representación da Administración:

– Pola consellería competente en materia de sanidade:

Como vogal titular: Natalia Lobato Mosquera, secretaria xeral técnica.

Como vogal suplente: Laura Recacho Rivas, vicesecretaria xeral.

– Pola consellería competente en materia de traballo:

Como vogal titular: Pablo Fernández López, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

Segundo. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade