DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54771

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 2 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 16 de xuño), e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberán analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Xurado de selección

a) Ámbito de Música.

Presidente: Rubén Vázquez Rodríguez, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, por delegación da directora xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

– Lorena López Cobas, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Mª Elena Sobrino Fernández, asesora de Ensinanzas Artísticas.

– Secretaria: Ana María López Díaz, asesora de Música e Artes Escénicas.

b) Ámbito de Danza.

Presidente: Rubén Vázquez Rodríguez, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, por delegación da directora xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Raquel González García, xefa de servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente.

– María de los Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

– Lorena López Cobas, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Secretaria: Ana María López Díaz, asesora de Música e Artes Escénicas.

c) Ámbito de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Rubén Vázquez Rodríguez, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, por delegación da directora xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

– Irene Gago Pesado, asesora de Artes Plásticas e Deseño.

– Ángela López García, catedrática de Artes Plásticas e Deseño.

– Secretaria: Ana María López Díaz, asesora de Música e Artes Escénicas.