DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Lamas-Loureda-Sergude-Vigo, no concello de Boqueixón.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Lamas-Loureda-Sergude-Vigo, no concello de Boqueixón, A Coruña, promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

O proxecto de reestruturación parcelaria será sometido a avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo sinalado as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural