DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54670

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2023 pola que se convocan, para a elección de destino, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas (A2).

Mediante a Resolución reitoral do 11 de novembro de 2021 (DOG do 24 de novembro) convócanse probas selectivas para cubrir sete prazas vacantes da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, da USC, dúas pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre.

Con data do 14 de xullo de 2023, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.

Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base 9.2 da convocatoria, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 11 de novembro de 2021 pola que se convocaba o procedemento selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

1º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan tendo en conta que as persoas aspirantes seleccionadas pola quenda de acceso libre deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas, segundo preferencia, que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo máis unha máis a maiores.

2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.

3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado no parágrafo anterior mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo,
convocadas á elección de destino

Quenda de promoción interna.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***3026**

Rodríguez López, Carlos María

Quenda de acceso libre.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***4570**

Cebeiro Domínguez, Bianca

2

***0047**

Rey Sánchez, Mónica

3

***9614**

Méndez-Iragorri Sánchez, Ana

4

***2902**

Posse Rivera, María Carmen

5

***4311**

Carreño Rodríguez, Alejandra

ANEXO II

Relación de postos da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, que se ofertan

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Nivel

Quenda

Campus

PF000160

Axudante de biblioteca

Biblioteca Facultade Ciencias Económicas e Empresariais

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000161

Axudante de biblioteca

Biblioteca Facultade Ciencias Económicas e Empresariais

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000166

Axudante de biblioteca

Biblioteca Facultade Filoloxía

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000171

Axudante de biblioteca

Biblioteca Facultade Psicoloxía/Facultade de Ciencias da Educación

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000186

Axudante de biblioteca

Biblioteca Facultade Ciencias da Comunicación

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000187

Axudante de biblioteca

Biblioteca Xeral

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000190

Axudante de biblioteca

Biblioteca Xeral

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000193

Axudante de biblioteca

Biblioteca Xeral

21

Mañá

Santiago de Compostela

PF000197

Axudante de biblioteca

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

21

Mañá

Lugo

PF000199

Axudante de biblioteca

Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

21

Tarde

Lugo

PF000200

Axudante de biblioteca

Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

21

Tarde

Santiago de Compostela