DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 25 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo (anteriormente nomeado solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo) no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2020/158).

Advertido erro no dito acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 53671, onde di: «O 1 de xuño de 2022, Greenalia Wind Power, S.L.U. (en diante, o promotor) presentou a solicitude para a declaración de utilidade pública (DUP) do expediente IN408A 2020/158. Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino-Vilartoxo, achegando xunto coa solicitude a documentación técnica correspondente».

Debe dicir: «O 1 de xuño de 2022, Green Capital Power, S.L. (en diante, o promotor) presentou a solicitude para a declaración de utilidade pública (DUP) do expediente IN408A 2020/158. Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino-Vilartoxo, e achegou xunto coa solicitude a documentación técnica correspondente».