DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/147-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento dos predios afectados pola instalación eléctrica denominada modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825-apoios D12 e D13, na Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará o importe do prezo xusto mediante transferencia.

Ourense, 18 de setembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/147-3.

Instalación: modificación 1 do proxecto de regulamentación da LMTA DC SCV810 e SCV825-apoios D12 e D13.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

2

Rasgada

Marina Álvarez Abraldes

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de San Cibrao das Viñas

13.11.2023

11.40

4

Río Vello

Descoñecido/a

Titular descoñecido

Casa do Concello de San Cibrao das Viñas

13.11.2023

11.50