DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica, substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803 prevista no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2023/307-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803 (expediente IN407A 2023/307-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/307-4.

Denominación: substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803.

Concello: Ribadumia.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

1

Pasais-Requeixo

Rústico

36046D507010960000PK

Descoñecido/a

20,00

94,00

2

Pasais-Requeixo

Rústico

36046D507110970000PH

Descoñecido/a

2,00

36,00

385,00