De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 15 de setembro de 2023 do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite na parroquia de Alvite, no concello de Negreira (A Coruña), promovido pola SAT Pesadoira 1242 Xuga.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático