DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para o trámite de audiencia (expediente LU-2022/00021 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia as persoas indicadas no anexo, por resultar descoñecido o seu domicilio.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, os documentos e/ou as xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo e vistas as alegacións, os documentos e/ou as xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 14 de setembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

Pasaporte/NIE/DNI

Acto notificado

LU-2022/00021

36024920C

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2015/00112

71516121J

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia