DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2023 Páx. 54722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lle afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña) que figura no anexo para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lle afecta.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá poñerse en contacto co Servizo de Infraestruturas Agrarias, chamando aos teléfonos 981 18 46 35-981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de setembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa de Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

ZCP Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña)

Nº de prop.

DNI

Acto notificado

645

76513334Q

RDX 3.8.2023