A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal dunha praza no marco do Programa de ciencias mariñas (ThinInAzul) dos plans complementarios de I+D+i financiados polo Mecanismo de recuperación e resiliencia, NextGenerationEU e, en Galicia, co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Acuicultura.
As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 19 de setembro de 2023
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar