Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma e repotenciación LMT Picoña e LMT e reforma e cambio de emprazamento CT Picoña C, no concello de Salceda de Caselas, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 14 de setembro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/124-4 e IN407A 2020/124-4.
Entidade beneficiaria: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.
Denominación da instalación: reforma e repotenciación LMT Picoña e LMT e reforma e cambio de emprazamento CT Picoña C.
Concello: Salceda de Caselas.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
1 |
36049A006020250000KK |
Álvara Vaqueiro Sobral |
15 de setembro de 2023 |
2023/36/240 |